Branca Novoneyra (Lugo, 1976), é bailarina e poeta.
Dende o ano 2002 presenta as súas pezas en colaboración
con coreógrafos, poetas, videoartistas e colectivos
musicais. Tamén escribe sobre danza e poesía en diversas
revistas especializadas.
No 2009 publica Dentro do Labirinto (Edicións Espiral
Maior), sobre o que constrúe as pezas Game Over e Aneis
nas que a intertextualidade entre o movemento e a poesía
guía a creación escénica.
No 2010 gañou o premio "La voz más joven" da Obra Social
Caja Madrid.