BRANCA NOVONEYRA, Rúa do Medio 15, baixo - Santiago de Compostela  (A Coruña) - (+34) 659 888 709 GAME OVER é unha peza na que a bailarina Branca Novoneyra, autora do libro Dentro do Labirinto publicado en Espiral Maior, traza un percorrido seguindo a orde dos poemas que o lector atopa na obra. A coreógrafa Kirenia Martínez dirixiu esta viaxe na que a escritora entra dentro do seu labirinto transformado nun videoxogo. Nel a intertextualidade entre o movemento e a poesía chegan ó límite buscando unha saída. Dirección e coreografía: Kirenia Martínez Interpretación e textos: Branca Novoneyra Música: Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada Vestiario: Nieves Sierra TENDER A MAN é un espectáculo poético multimedia producido por un grupo artístico variable; un novo xeito de ver e comunicar a poesía máis nova e actual ao fío dos tempos e coa complicidade das novas tecnoloxías. Yolanda Castaño Jesús Andrés Tejada Mónica de Nut Isaac Garabatos Branca Novoneyra ANEIS é unha proposta na que a intertextualidade entre a danza e a poesía guía a creación escénica. A peza percorre O aire das acacias, derradeiro poema de Dentro do Labirinto, coa que pecho unha serie arredor do libro. Aneis é unha curta sobre os amuletos da memoria, sobre a repetición continua dos recordos en fotogramas de películas antigas. No blog brancanovoneyra.blogspot.com documentouse o seu proceso de creación. Branca Novoneyra (coreografía, interpretación e texto) Kirenia Martínez (asistencia coreográfica) Jesús Andrés Tejada e Isaac Garabatos (espazo sonoro e vídeo) Esther Taboada (fotografía).